A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, marcando a tránsito do outono ao inverno. Nesta noite as ánimas dos finados, voltaban a visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.
Esta noite, crían que se abría unha porta e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, por iso, en todo o poboado había fogueiras para poder guialos na oscuridade da noite
Esta é a nosa particular homenaxe á noite de "SAMAIN".